O día 5 de marzo realizouse no auditorio municipal unha actividade para concienciar á rapazada sobre as oportunidades do multilingüismo e a importancia de manter viva a lingua galega. A actividade foi dirixida por Manuel Núñez Singala, escritor e director do servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.